1º PRIMARIA

Benqueridas familias,

O confinamento social e o peche do colexio van a prolongarse ata unha data incerta polo que dende as titorías de 1º de Primaria nos comunicaremos coas familias por medio da aplicación móbil ClassDojo. Queremos mandar unhas tarefas diarias para levar mellor o confinamento e será o Google Drive o medio a través do que que se compartirán as actividades e un vídeo feito polo profe Diego cun reto diario que é voluntario. Nas actividades veredes unha carpeta que se chama "Actividades de ampliación" que tamén son voluntarias e responden á necesidade de cubrir os distintos ritmos de aprendizaxe e de traballo de tódolos nenos e nenas de 1º de Primaria. En calquera caso, ningunha destas tarefas será avaliable. Preme na seguinte ligazón para poder ver este drive:

https://drive.google.com/open?id=1hU_11Kzk42q7e-l9DXXgMnMYad9nZbiX

Desexámosvos que teñades saúde, forza e ánimo!!

Unha aperta
Alessandra, Bea e Diego.

INGLÉS 1º 
Audios dos libros de inglés: Audios 1º
Recomendación de inglés para o verán: Oxford Holiday

Comentarios