OLLO CO QUE SE AVECIÑA


29 de abril: Día internacional da Danza.

2 de maio de 2020: Día Internacional contra o Acoso Escolar.

Fai clic na imaxe para saber máis.



CHEGOU O MAIO.

Este ano non poderemos festexalo no Cole pero no queriamos pasar sen facer mención a este evento tan noso.


O maio é un dos poemas máis coñecidos de Curros Enríquez no que o poeta invoca unha primavera de liberdade e xustiza . Neste Primeiro de Maio tan diferente, o Consello de Cultura Galega vén de xuntar nun proxecto o poema coas novas voces da música galega.
Haberá mil primaveras máis!



E agora un clásico "Aí vén o maio" de Luis Emilio Batallán.



9 de maio de 2020: Día de Europa.

Do 11 ao 15 de maio de 2020: Semana das Letras Galegas. 

Tivemos unha sorpresa para toda a comunidade do Eusebio que vive cada ano a celebración das nosas Letras con tanto entusiasmo. Este curso tivemos que aprazar a nosa festa, pero non queriamos quedar sen un pequeno detalle.
Mil grazas a Fran, papi de Roque de 3 anos e Iago de 2º, que nos fixo esta lindura de vídeo. 




5 de xuño de 2020: Día Mundial do Medio Ambiente.

O noso planeta,o noso fogar.



Comentarios